Desde o ano 1833 a rexión de Galicia ten catro provincias: Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Pero inantes non foi esí e é esencial coñecer a organización territorial cando efectuamos investigaciós xenealógicas, pra saber en que arquivos podemos atopala información que buscamos.
Históricamente Galicia tiña 7 provincias: Betanzos, Coruña, Lugo, Mondoñedo, Santiago, Orense e Tui. Por iso o escudo de Galicia ten 7 cruces. Na "Xunta do Reino" había un deputado por cada provincia.
No mapa da dreita represéntase o alcance territorial de cada unha das provincias históricas.
|
 |
O Reino de Galicia, na época do Reino de Castela, abarcaba o Norte (Portugal) e Galicia. O idioma en todo o territorio era o Galego.
En 1640 a provincia de Bracara (excepto Ourense) independizouse do Reino de Castela, pasando a chamar ao seu territorio Portugal, nome que provén de Portus Cale, que é o nome de Porto (Oporto en Castelán). A provincia de Lucus non se uniu á revelión, permanecendo desde entón no área do Reino de Castela.
O primeiro rei de Portugal foi D. Alfonso de Portugal (Conde de Barcelos).
Mapa: extracto do mapa titulado "A Couronne de Castille" de Sr. Robert de Vaugondy fils., 1776.
|
 |
A partir da chamada "Reconquista" Galicia perdeu o territorio entre o río Eo e o río Navia, que foi incorporado a Asturias.
|
 |
Na época Sueva, a rexión da Callaecia estendeuse por Lusitania, Cantabria e País Vasco.
A sua capital seguía sendo Bracara (actual Braga).
Mapa: Atlas Histórico Integral (Bibliograf), páxina 24.
|
 |
Durante o Imperio Roman, en época de Diocleciano, creouse a rexión da Callaecia, que tiña tres provincias: Bracara, Lucus e Asturica. Estando situada a capital da rexión en Bracara.
A provincia de Lucus incluía os territorios de Lugo, Coruña, Pontevedra (sen Tui) e o territorio entre os ríos Eo e Navia (actual occidente de Asturias). A provincia de Bracara incluía o Norte de Portugal e de Galicia o territorio de Tui e a provincia de Ourense.
Mapa: Atlas Histórico Integral (Bibliograf), páxina 21.
|
 |
Mapa: extracto de "Pobos Pré-Romanos da península Ibérica, esboço de carta etnológica nos finais da 2ª Guerra Púnica (Circa 200 a.C.)", de Gaetae. |
 |
|