Hai moitas formas de axudar á Asociación, nesta páxina poñémosche algunhas, pero se tes unha proposta diferente ponte en contacto con nos e veremos se é posible levala a cabo.
Pra axudar á Asociación non é necesario facerse Socio, pode axudar calquera que teña ilusión e ganas.
Nós agradeceremos as túas accións de axuda tanto se eres simpatizante coma se te fas socio.
APOIA O NOSO SITIO WEB
Se tes un sitio web podes axudarnos poñendo unha lazada a www.xenealoxiagalega.com, se ademais avísasnos poñerémosche un enlace o teu.
Se queres podes usar o noso logotipo ou o baner pra poñelo enlace: 
Se non tes sitio web podes axudarnos comentando a existencia da asociación en foros e listas de correo, porque canta máis xente nos coñéza millor.
AXUDA A DIXITALIZAR ARQUIVOS
Podes facer tarefas voluntarias copiando textos antigos o ordenador.
É unha tarefa que facemos de maneira voluntaria moitas persoas e porque é de gran importancia pras investigaciós de historia familiar.
É un labor completamente altruísta e de gran calado cultural, que desenvolvemos nos nosos tempos de lecer.
Apúntatee, porque con iso non te verás obrigado a nada que non poidas facer.
PUBLICA AS TÚAS OBRAS
Se eres un investigador de xenealogía e os teus traballos non teñen interese pras editoriais, nós podemos publicalos.
Admitimos artigos e obras en idioma Galego, Portugués ou Castelán. Admítese calquera variante idiomática de ambos porque o importante é a información.
Os artigos, documentos ou libros podemos publicalos doadamente na Internet e as bases de datos montámolas de forma que poidan ser consultables pero non volcables. En ambos casos a publicación no noso Sitio Web será de balde, tanto se se permite a súa consulta pubrica, coma se son só pra consulta privada dos nosos socios.
Se queres facer unha publicación en CD-Rom entón só cobraremos o comprador unha pequena cantidade pra cubrilos costos do soporte e a grabación.
Se o teu interese é a publicación comercial, indícanos cales son as características e as condicións que queres, pra que poidamos evaluar se é posible.
FAITE SOCIO
Se queres estreitar a túa colaboración con nos faite socio. Tes dúas opciós e nunha delas non é necesario pagar Cota con cartos. |