QUE QUEREMOS
O noso principal obxectivo é que se poidan consultar a través de Internet os índices dos registros civís e os seus equivalentes eclesiásticos.
Por iso colaboraremos con toda persoa ou entidade que estea disposta a compartir a través de internet a información que teña, tanto se desexa que poida ser consultada de forma publica coma se desexa que a súa consulta sexa exclusiva pros nosos socios.
Pra estas colaboraciós estamos dispostos a aportar os voluntarios e os recursos informáticos de que dispoñemos.
O noso segundo obxectivo é a colaboración entre os nosos Socios, de forma que nos apoiemos pra realización das nosas genealogías particulares, aumentando esí de forma colectiva as posibilidades de conseguir maiores avances que traballando de forma individual. Todo iso baixo as premisas de amizade e xenerosidade, polo que as investigaciós xenealógicas serán de balde e voluntarias.
O noso tercer obxectivo é publicar toda información que poida ser útil dentro do ámbito da Genealogía de Galicia e dos seus descendentes, abarcando con iso a residentes e emigrantes.
QUE NON QUEREMOS
Non queremos competir con outras asociaciós de xenealogía que xa existan, porque a nosa ilusión é avanzar xuntos.
Non pretendemos substituír a labor dos foros, listas de correo e sitios web que funcionen ben, porque consideramos negativo duplicar funciós.
Tampouco aspiramos a substituír a actividade de ningunha entidade conservadora de arquivos, pois valoramos en moi alto grado o labor que estan facendo.
QUE NOS GUSTARÍA
Gustaríanos poder servir de rego pra que persoas e institucións poidan poñer datos accesibles a través de internet, tanto se son completos como parciais, especialmente cando se trate de Índices de persoas rexistradas nos arquivos, porque esa información poden ser moi útiles pros xenealogistas e tamén pode simplificalo traballo das Instituciós sen mermar con elo os seus potenciais ingresos. |